27 de agosto de 2008

Oferta Orientador/a Laboral para Muros

Ola a todas.

Vexo que isto segue en pé, funcionando, que bo, así mantenme fresco o recordo do mellor curso que levo feito na miña vida.

Que tal vos vai? Algunhas xa tedes traballo, felicidades! pero se a algunha lle interesa un posto de Orientador/a laboral no Concello de Muros, que contacte con eles, porque andan "desperados" para atopar alguén.

Ah! agradeceríavos que se algunha de vós me pode enviar de novo ó mail a lista de contactos nosos, ma reenvíe en formato Word compatible (97-2003) ou a ver se en excel, porque como a que teño está en extensión (.docx) do Office 2007, non a podo abrir porque teño un Office anterior (2003).

Eu tamén empecei a currar de novo o día 18 de agosto, na UPD do Pacto de Emprego da Costa da Morte, en Fisterra.

Saúdos e moitos bicos a todas, todas. (Hilario Pino dixit).

No hay comentarios: