12 de agosto de 2008

As pipiolas da clase

Esto vai dirixido a todas membras e un membro que formou este curso de formadores ocupacionais.
Mari Pili sempre recordaremos o teu sorriso ainda cando non somos moi agradables polos nosos comentarios de xuventude. Fuches como unha mamá para nós e ánimo, confía en ti mesma.
Marta, fuches para nós a gran conselleira e a nosa mestra de lingua galega, correxindo as nosos faltas e guiándonos para que todo nos resultase máis doado. Aquí estaremos sempre, a pesar da distancia alegrándote cando estes decaída, ben ou intentando. Unidas para sempre, forever.
Cris achegáchesnos á natureza un pouco máis, sensibilizándonos co medio ambiente. Serás unha gran formadora, coa túa voz pausada conseguirás cativar os teus alumnos.
Jesús, jajaja, ben, que che imos decir que non cho insinuaramos antes e que ti nos rexeitaxes sen piedade. Levamos un bo recordo teu, xa que o teu sorriso infartounos. Pero a unhas máis que a outras (pipiolas), xa nos entendes.
Laura e os seu amigos farán historia alá onde se dirixa. A dicharacheira da clase, sempre alegrándonos e acordándose dos seus. Es metade pipiola e metade nai.
Patricia, coñecémosnos antes de comezar o curso e durante este demostraches ser unha persoa auténtica, segura de ti mesma e vas chegar moi lonxe ( A Coruña), jajjajaja.
Dana sempre te mostraches tímida e reservada, o mesmo tempo que te presentabas toda pizpireta pola porta (de compras tódolos días). O teu segredo está a salvo, permanecerá soterrado pero se necesitas dúas pipiolas para ir de festa, non dubides en chamarnos.
Laura, despois de moito sufrir e moito buscar, vas ver como pronto todo che vai ir mellor.E poderás cumprir o teu desexo antes de morrer,jajajjaj. Dixeches que querías coñecer xente pero sorte tivemos nós de coñecerte a ti.
Natalia, pipiola coma nós, pero pronto deixarás de ser pipiola para ser para ser a muller de... Convidarás a túa despedida de solteirona, e con ese paso alcanzarás o cume da felicidade.
Mª José, a organizadora das ceas e de alongar a hora do café. Experta en reanimar a todo o que se atopa polo camiño, jajajaja. Esperamos que sigas animando ó grupo, na distancia para próximas ceas.
Mónica, unha campiona e a raíña da paciencia. A pesar de chamala continuamente, sempre vén correndo e de bo agrado. É a mellor das pasteleiras (haber se nos das a receita) para poder conquistar os nosos galáns.
Pilar, a activa e con enerxía para repartir entre todos. Gústalle a leria coma nós. Todo o mellor para o comezo dunha nova etapa na túa vida. Serás capaz e arrasarás como un furacán cando erupciona.
Elva, a nosa formadora, informal e xuvenil.Aínda que moitas veces esixíchesnos máis esforzo, ó mesmo tempo fixéchesnos coller a confíanza que necesitamos. Fuches máis que unha formadora, achegándonos máis á realidade.
Ben, tanta nostalxia xa cheira, jajaja, aínda que no noso pipiolo corazón sempre vos levaremos, haber senon nos caen as bágoas cando leamos esto co paso do tempo.
Un bico a todos vós. ( As pipiolas)

No hay comentarios: